domingo, 14 de junio de 2009

Pouco que rexistrar (12 de xuño)


O Venres, como vén sendo habitual, foi un día no que se rexistraron poucas UE's. No descanso bebimos champín - champán para nenos - e puxemos gorritos. Todo a conta de Mar, que debía unha botella de viño. Menos mal que a trouxo, porque co que se insistiu, igual contratan a Tula para que lle queimen a casa. De todas formas, falta unha botella, que corre a cargo da muller barbuda. Ou a estaca caeu soa?

Jose deunos o expediente friker da semana falando de OVNIS non pilotados pero construidos por humanos e pouco máis. Bueno, si, en cifras e letras había que buscar o número 900 e as cifras que daban, entre outras, eran 6,3, e 100. As contas de Jose e a coseguinte indignación de Oscar si que foron sobrenaturais.

Segundo, culo veo culo quiero (11 de xuño)

Impresionante camiño, de mañá, polo monte ata as casetas. A orixe do nome de Willy provén deste traxecto. Nunha arroutada automovilística dixo pola Kangoo, "cómo se comporta Willy!". E iso non foi todo. Jose, que ía de pé no maletero, comezou a rir imitando a Jack Nicholson no Resplandor, xa que dí que se asemella moito. Nese momento o coche colleu unha zochanca e Jose máis atento á interpretación que á súa seguridade saiu disparado e reventou co seu cú o cristal traseiro do vehículo.

Xa nas casetas Jose imitou a Jack Nicholson máis polo miúdo, e todos tiñamos medo, porque recordaba demasiado, non ó protagonista do resplandor, senón ós secundarios de Alguén voou sobre o niño do cuco.
Logo dixo sentirse orgulloso de que lle chamasen Torrente.

Xa sabíamos que a xente da zona de Silleda ten un patolóxico sentimento de propiedade, pero o que descoñecíamos, ata este Xoves, é que existía risco de contaxio. Segundo foi o primeiro en
sufrir os síntomas e púxose como tolo cando lle collemos ferramentas que non ía utilizar en toda a mañá. Hai quen dí que non é un contaxio e que, simplemente, é tonto. Ou senón como se explica que un home tan experimentado coas mulleres como Segundo, lle diga ó Neno da Auga "ti vaste coa primeira que pillas". Ti, Segundo, primeiro tes que pillar. Boa sorte!

O Neno da Auga debeu pasar a noite anterior bebendo e metendo no punto de encontro, porque traia un careto horrible. Debería decretarse lapidación por ir a traballar con esa pinta. Nin a botella de auga que se vaciou na cachucha alivou o seu malestar.

E tras moito tempo no banquillo dos suplentes, saltou ó campo, pola tarde, Tula. Empezou a desbarrar contra os musulmáns. Primeiro preguntou por onde quedaba a Meca, para acabar dicindo, "es igual, de Andalucía p'abajo son todo moros!". Logo empezou a falar de que os musulmáns veñen a España a "imponernos su religión y sus costumbres". Ademáis "construyen iglesias y matan a la gente de 50 en 50, no como los cristianos que matan de uno en uno". Se viñesen a TRABALLAR coma ti, Tula, pero son uns VAGOS e uns delincuentes.

Nun momento do discurso xirouse e veu a Comba, a 15 metros, mirando para él e moi educadamente díxolle "y tú que miras! cállate!". Perdoanos Tula, xa sabemos que ti fas eses comentarios para que ninguén te escoite. É por iso que berras tanto.

Highlander deulle un toque de atención a Tula. Díxolle que non podía soltar esas peroratas e que tiña que darse conta de que si fala unha persoa e 20 fican caladas é porque está dicindo unha solemne estupidez. A resposta de Tula foi contundente: "el resto se callan para escuchar al líder!". Propoño como sistema político alternativo a dictadura tulista.

E como non fun á cea das dagas voadoras, non podo falar de intrusos nas perruquerías e demáis tonterías.

Foi Mar! (10 de xuño)

Tras fiarme do atallo que me recomendou Willy, chegamos á rotonda para coller a Martín que levaba 15 minutos esperando, baixo a chuvia, totalmente desabrigado. O palista e Willy, vistos os atallos, deben ser parentes.

Ata a hora do bocata o único destacable foi o xeito de palear de Jose que, coa man que sostén a empuñadura, fai o xesto de Spiderman cando lanza as telas de araña tras impulsar a pala. Este Spalarman petou de tanto ler cómics de superheroes e dixo que incluso Martín tiña unha dobre identidade, xa que "con gafas es como Clark Kent y sin ellas es como Jesucristo".

O Neno da Auga tivo outro día glorioso. Aconselloume que esa noite fose ó Punto de Encontro, un bar de estrada da zona, para comprobar o que era meter. Eso mesmo lle cacarexou a Martín,
pero en lugar de meter, nese caso, sería beber. En fin, Neno da Auga, ti eres Joselito, "el de la voz de oro".
No descanso, ademáis, comprobamos que este túzaro, era un bufa nucas e que lle tiña medo á ouija. Sen dúbida, é a fichaxe que Gayoso precisa para o Luar. Que proxección de futuro!

A comida deste día foi memorable.
Gracias a Jose.
Empezou a berrar contra o convenio de arqueoloxía, supoño que o que máis lle molesta é que as horas extras sexan remuneradas, xa que el as fai de gratis "sin ningún problema". Tras papar unha botella de viño dixo que "yo si me lo dice Javi no bebo". Agora!
Explicou como fai os perfiles. "Así, zas"! e dando un golpe seco cara abaixo coa man aberta ou "así, zas!" e dando un golpe seco hacia abaixo coa man pechada.

Houbo quen estivo a punto de pedir a folla de reclamacións porque o seu anaco de tarta era máis pequeno que o meu. Logo pensou que tras catro pratos, o postre era o de menos.

A tarde tamén foi para o Neno da Auga, que pensa que unha excedencia é un tratamento de cortesía que se lle da a determinadas persoas. Bastante ten con comer, evacuar e durmir, xa que con tanto meter e beber, ten o miolo coma un queixo. Como mostra a indignación que tiña con Segundo: "Vas a levar! Estou hasta o carallo dos teus insultos, porque me chamaches eeeeh... espera, oe, que me chamaches que non me acordo?". Do que si se lembra é da única ocasión na que foi a un búrdel: "Eu só fun ás putas unha vez, con catorce anos, que me levou meu pai". Para que logo digan que a xente non fala cos seus fillos de sexo!

Na viaxe de volta seguimos vendo como flipa Willy cos coches. Emocionouse cando reducín de 4ª a 3ª e dixo "qué bueno ese toque!".

Ah! E Mar cargouse unha estaca. O titular "Foi Maaaaar!" é portada en tódolos xornais de Ameixeira. Eu creo que alguén máis arrancou estacas, alguén con moita barba de tanto afeitarse p'arriba.

Un home é un home (9 de xuño)

Que importante é aprender leccións sexuais! Oscar explicounos as diferenzas entre un bufa nucas e un muerde almohadas. É que o Martes estabamos todos moi colexiales. Eu, persoalmente, non recordaba desde aquela época a rima estúpida que "cantou" Sole: "Silencio en la sala/ que el burro va a hablar/ el primero que hable, burro será/ 1,2,3, ya!" Ante a vergoña allea que sufrín, só me queda darlle as gracias a Sole por ser tan considerada ao rememorar eses versos e dicirlle que probe con cianuro a ver que tal.

Como xa dixen noutra entrada deste bló, Tula é un dos maiores expertos estratígrafos do mundo. Ante a recomendación de Comba de separar o material aparecido no nivel de queimado actuou do seguinte xeito: subiu ás casetas e díxolle a Helena "dame bolsas que dijo Comba que hay que hacer en cada cuadrícula subcuadrículas para separar el material". Tula, o cuadriculado.

Na comida foi momento de confirmacións. Comprobamos que O Neno da Auga é igual que un Hamster. Dixenlle que "n'ai güevos" a beber dous chupitos de penalti e a súa reacción
foi a lóxica: "me cagho en dios! como que non teño collós!" e bebeu a ritmo de chupito por segundo. O colexio de biólogos di que o Neno da Auga é demasiado limitado para
levar a cabo experimentos con el e que prefiren as ratas.

Pola tarde, xusto antes de comezar a traballar, a Tula caeulle o casco polo terraplén. Tiña que evitar esa gran perda, aínda que fora poñendo en perigo a súa propia vida. Saltou a maia metálica e baixou ata coller o casco. A gloriosa acción foi reprimida inmediatamente polos xefes, pero él respostou "por sitios más chungos tengo bajado!". Tula é un incomprendido.
Quen non poría en xogo a súa existenza por un casco de obra?

No camiño de regreso a Santiago, Willy, a nova incorporación, contou que xa perdera prácticamente todos os puntos ó volante por ir mazado como un pulpo. Decía que non era tan grave porque había cursos para recuperar puntos. Pois estupendo!
A recomendación de Martín de conducir sobrio está totalmente fóra de lugar. A verdade é que Martín tiña un día moi reflexivo, o seu punto álxido chegou cando falou da súa formación académica: "o meu paso pola universidade concretouse en grandes resultados que me levaron a coller un pico e unha pala".

A lavar cerámica (8 de xuño)

O Luns foi un día de chuvia. Polo tanto, foi, en tódolos sentidos, un día pouco productivo. Tanto choveu que tivemos que lavar cerámica.
Houbo quen nos habilitou un local para esa tarefa, a cambio, sinxelamente, de non ser homosexual. A pesar do tempo, algúns de nòs, tivemos que ir ata a excavación.

Para Ameixeira fomos os menos capaces no exercicio de limpar materiais e quedou a cargo do grupo Tula, un dos maiores expertos en barro, louza e porcelana de todo o mundo. Por iso, aseverou con vehemencia o seguinte: "yo me quedo, que yo de esto controlo!" De esto y de aquello, Tula.

E falando de xente vehemente, con que ímpetu defendía Jose, durante a comida, "el partido de los animales". Declarouse antitaurino, berrando, copa en man, e vacilando se erguerse do seu asento. Jose é un home romántico, escravo das paixóns, sobre todo á hora da comida... e da bebida.

Como vedes, un día tranquilo de todo excepto para Gusé. O pobre rapaz leva toda a excavación, como un sapo, a punto de reventar (e salpicar, coidado!) e nun
instante de incontinencia pousou as mans nas nádegas de un popular xenio precoz da música clásica. Todo quedou nun empurrón.
Agora ben, como se entere un que sei eu, en Distriz vai haber unha familia de loito.

domingo, 7 de junio de 2009

Venres embarazoso (5 de xuño)

O Venres, durante o traballo, comentábase que un tolo andaba polo preguntoiro en Santiago berrando “CANO PAAAAAAN!”. A saber.

No descanso, Jose, púxose trascendental. Falaba da vida e da morte: “cuando morimos nos convertimos en entes eléctricos”. Jose, es como un electrón, andas de aquí para alá, de Redondela para Silleda, por aquilo da indeterminación. Logo houbo naves que se moven así - e por así quero dicir xirando a man de esquerda a dereita – e fotografías de Elvis con 70 anos. Está claro que o paranormal, de aquí en diante, vai ser un filón para este bló.

Acabouse a semana, pero tranquilos, aínda hai máis. A comida e a viaxe a Santiago deron para moito.

Agardando nas casetas a que nos viñesen buscar para ir ó restaurante ameazou Tula dicindo que “los que vamos para Santiago montamos todos en el mismo coche!”.Martín díxolle “pero si vamos a comer”. Tula non claudicou e insistiu con actitude marcial “los que vamos a Santiago en el mismo coche!” Ás súas ordes, Tula!

Os Venres, non sei si é cousa miña, pero Tula sempre ven á excavación feito un pincel. Esta vez, agasallou ós seus fans con un conxunto branco. Preguntóuselle se esa era a última moda para comunións, bodas ou xeladerías ao que respondeu “si hace calor vengo de blanco! El negro es para el frío y para los gordos!” Non sei onde se venden os traxes de ninja, pero eso lugar debe ser o inditex dos gordos.

Xa de camiño para Santiago, Comba contou que logo de que lle dixeran que ia ter mellizos, co nerviosismo, saltouse a estación na que tiña que parar en tres ocasións. E agora, atención ao diálogo no que desembocou esa anécdota:

Tula: Bah! Pero ya lo sabes antes!

Comba: Antes de que nazca, pero me refiero al día en el que te lo dicen en el hospital.

Tula: Pero antes!

Igual que México’86 foi o mundial de Maradona. Esta foi, indiscutiblemente, a semana de Tula.

Mercado de fichaxes (4 de xuño)

Comezamos a coñecer ás novas incorporacións. Ou polo menos a aqueles que manteñen algún tipo de relación co Neno da Auga. Será contaxioso o seu mal?

Santiago dice que o Neno da Auga “ós cinco chupitos está remexéndose na lama”. Non coma el que é capaz de “botar cheo perdido de luns a luns”. Este home ten unha hucha enorme, ou polo menos a súa ranura, na que caben, incluso, medallas. Coidado ó entrar na caseta se vai xusto diante de ti. Poderías padecer unha horrorosa visión.

Andrea, o outro nexo do Neno da Auga, deunos un rutilante mitin político durante a comida. “En Italia gobierna Berlusconi, pero nadie dice que le vota. En España está el PP, pero tenéis un problema más grande que ese, el Rey, que es un borracho y va de putas. En Italia tenemos un problema mayor que Berlusconi, el Papa, que sólo es un borracho y todos los informativos abren con él”. Andrea, non se fala mal dun home piadoso.

Ademáis, nesta excavación somos moi católicos. De feito, este mesmo día asistimos á representación do lavatorio de manitas de Poncio Pilatos. Despois da función, trala tramoia podíase escoitar a Gusé, un dos actores, berrar “me ardeeee!”

Na imaxe, os Montesco e Capuleto de Distriz

Unhas mentes marabillosas (3 de xuño)

O mercado de fichaxes incorporou seis novas persoas ó plantel de Ameixeira. Tula dicía que non cabiamos nos coches para ir a comer porque eramos 21 persoas en total. Eu díxenlle que no, que en realidade eramos 20, pero el dixo que iso era porque non contara ós condutores, de catro coches!!

Non me dan as contas.

Vamos a ver, si eu non contei ós condutores de 4 vehículos e sen eles hai 20 persoas temos que engadir 4 persoas máis. Polo tanto: 20 + 4 = 21. Claaaaaro.

Ao final díxenlle que de todas maneiras había 5 coches. Así que a 5 persoas por coche serían… “veinte, veinte!!”. Tirei a toalla. Gañou.

Ademáis de resultados exactos, tamén sabemos poñernos místicos na excavación. A media mañá tivemos unha revelación: o home inventou a luz. Ou eso é o que pensa Jose. Tamén podería ser que a creasen os extraterrestres de Yahvé que levan moitos anos controlando o planeta Terra.

Algunha muller da excavación atopábase, a estas alturas da semana, fatigada. Menos mal que estaba Segundo para darlle vitamina.

Tula, un expediente friker (2 de xuño)

O martes, no bocadillo, varias experiencias sobrenaturais asolaron a excavación. Todas elas aportadas pola man dereita de Friker Jiménez, Jose. Esto é o máis destacado:

· O home e o Dentes de Sabre coexistiron (chúpate esa Arsuaga!) xa que hai evidencias materiais de craneos atravesados polos colmillos de ese felino prehistórico.

· Dentro do paranormal, os extraterrestres son considerados algo así como o mainstream, nembargantes, os intraterrestres, son os grandes olvidados. Podería ser debido a unha confusión conceptual, pois a pesar do seu nome, viven debaixo da auga.

· Alguén pensa que o home chegou á lúa? NOOO! Esa historia de Neil Armstrong foi rodada por Stanley Kubrick nun plató para a CIA.

Jose, I want to believe, máxime si a fonte de coñecemento é Friker. Senón que llo digan a ese fotógrafo catalán que chegou a cosmonauta.

Antes de xantar, dous grandes momentos que teñen como actor principal a Segundo, e como estrela invitada nun dos actos a Highlander, fixeron as delicias dos espectadores. Segundo é un artista vinculado ó body art, pois non vexo outro xeito de explicar a performance que fixo na caseta e que consistía en poñerse en calzóns e golpear coa palma da man a súa perna esquerda. E se isto non basta para confirmar a xenialidade de Segundo, temos tamén a seguinte conversa:

- Qué Javi?

- Éche así.

- Xa hai tempo que é así.

E chegamos á tarde. A tarde de Tula.

Xa regresando do restaurante exhortou a Highlander para que perseguise na kangoo a Dani porque lle debía 5 euros. Que arrebato! Estou convencido de que sería capaz de pagarlle a un taxista 100€ para que seguise a un conductor que lle debe 5€.

Esa tarde, Tula estaba como si se soubese predestinado para algo grande, e claro, por conseguinte, moi seguro de si mesmo. Así, respecto ó emprego do chaleco reflectante soltou que “a mí me da igual. Yo a la de seguridad le digo que me chupe la polla. Trabajé subido a andamios a 20 metros del suelo. Y sin arnés!”

E se iso é seguridade, que me dicides de discutirlle ó director da excavación sobre a cronoloxía dun muro? “Mira, si ahí apareció una lata, ese muro no tiene más de cien años”. Irreprochable, diría Friker.

Ah! E o cú peludo pode adoptar diversas formas. Amosouse como pirola ante os ollos de Gusé.

Tula e a lei de cidadanía do Reich (1 de xuño)


Estaba claro, trala fin de semana, Tula regresaba a Ameixeira con forzas renovadas. Xa no fin de traxecto, achegándonos a Dornelas, soltou a seguinte perla: “Todos los delincuentes de España son inmigrantes, sean legales o ilegales”. Evidentemente. De feito, é un dato aportado polo ITE (Instituto Tuliano de Estatística) tendo en conta a perspectiva histórica. Por iso, afirmou que “en La Coruña, en los años 80, los delincuentes eran extranjeros”. Todos eles, desde a morte de Franco ata agora, Tula. Todos excepto un, xa que “el solitario atracaba bancos, pero era un caso aislado”.

Menos mal que para combater a lacra que ven ás nosas terras cervantinas a delinquir e a roubarnos o traballo temos ó Neno da Auga. Non hai rumano, ecuatoriano ou magrebí que se atreva con alguén que en actitude chulesca di “de aquí sae o ferro para os barcos, e de aquí sae a tripulación!”. Supoño que é prescindible sinalar a que partes do seu espartano corpo se refire. Sen embargo, sería moi recomendable que, para intimidar máis, se iso é posible, se quitase ese peiteado sesentero de Beatle.

Según parece, Paul McCartney finou nos 60. Podería ser o Neno da Auga o seu dobre? Jose podería confirmalo.

O día rematou co enésimo round do cansino combate entre Belén e Tula. Belén comezou atacando forte, asestándolle a Tula un gancho no fígado cheo de comida podre que cheira mal. Semellaba que Tula iba bicar a lona, pero reaccionou con unha serie de directos aos fuciños para mulleres con aparatos xenitais masculinos. Como sempre, o combate queda en táboas e o único que perde é o público.

Por certo, que os excavadores de Ameixeira sínten inseguridade ante unha ameaza tan terrible como a dos inmigrantes. Un cú peludo que se pode converter nun pesadelo difícil de olvidar. A primeira vítima foi Martín.

Na imaxe, Tula descansando coa súa ferramenta de traballar dorsais.