Estaba claro, trala fin de semana, Tula regresaba a Ameixeira con forzas renovadas. Xa no fin de traxecto, achegándonos a Dornelas, soltou a seguinte perla: “Todos los delincuentes de España son inmigrantes, sean legales o ilegales”. Evidentemente. De feito, é un dato aportado polo ITE (Instituto Tuliano de Estatística) tendo en conta a perspectiva histórica. Por iso, afirmou que “en La Coruña, en los años 80, los delincuentes eran extranjeros”. Todos eles, desde a morte de Franco ata agora, Tula. Todos excepto un, xa que “el solitario atracaba
bancos, pero era un caso aislado”.
Menos mal que para combater a lacra que ven ás nosas terras cervantinas a delinquir e a roubarnos o traballo temos ó Neno da Auga. Non hai rumano, ecuatoriano ou magrebí que se atreva con alguén que en actitude chulesca di “de aquí sae o ferro para os barcos, e de aquí sae a tripulación!”. Supoño que é prescindible sinalar a que partes do seu espartano corpo se refire. Sen embargo, sería moi recomendable que, para intimidar máis, se iso é posible, se quitase ese peiteado sesentero de Beatle.
Según parece, Paul McCartney finou nos 60. Podería ser o Neno da Auga o seu dobre? Jose podería confirmalo.
O día rematou co enésimo round do cansino combate entre Belén e Tula. Belén comezou atacando forte, asestándolle a Tula un gancho no fígado cheo de comida podre que cheira mal. Semellaba que Tula iba bicar a lona, pero reaccionou con unha serie de directos aos fuciños para mulleres con aparatos xenitais masculinos. Como sempre, o combate queda en táboas e o único que perde é o público.
Por certo, que os excavadores de Ameixeira sínten inseguridade ante unha ameaza tan terrible como a dos inmigrantes. Un cú peludo que se pode converter nun pesadelo difícil de olvidar. A primeira vítima foi Martín.
Na imaxe, Tula descansando coa súa ferramenta de traballar dorsais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario