domingo, 24 de mayo de 2009

Carbono 14 (22 de maio)

O venres non foi un día de grandes momentos, porque todos tiñan os seus esforzos postos en pensar na fin de semana. Pero, houbo un que debe quedar gravado nos diarios de a bordo desta excavación.

Non sabíamos nada ata o de agora, pero o venres descubrimos unha nova faceta de Segundo que descoñecíamos. É un experto en Carbono 14, que se infiltrou na exacavación para ilustrarnos. Seguramente, manexa todos os elementos da táboa periódica á perfección.

É que Segundo é arqueólogo na intimidade.

Tamén escoitei, aínda que non sei quen foi o autor da frase. Obviamente, debeu ser un filólogo experto, tamén infiltrado entre nós, moi preocupado pola pervivencia das linguas. Ata do idioma mallorquín, que iso xa é dar un paso máis. Seguindo esta liña de investigación, acabaremos descubrindo que o catalán é un dialecto do mallorquín.

- El idioma mallorquín creo que no está reconocido.

¡¡Compañeiros!! Esta debe ser a nosa loita. ¡Marchemos pola normalización do mallorquín!

5 comentarios:

  1. Sip, recordo esa conversa, estaba falando dun can morto e dun can vivo...Loitemos pola instauración da Licenciatura en Filoloxía Mallorquina XA!!!!! A filóloga infiltrada é Jessica...

    ResponderEliminar
  2. OHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHH

    ResponderEliminar
  3. Resiste JC, resiste. Convives cuns tolos no traballo, pero ti ainda eres unha persoa normal. Terma, terma con forza q eu tou contigo.

    ResponderEliminar
  4. ya talkin' to me? ya fuckin' talkin' to me?
    Bahh, n'ai guevos.

    ResponderEliminar
  5. o mundo precisa de saber a verdade: ¡¡¡queremos un especial da tarde de ontem!!!

    ...(me cago en el Barça)

    ResponderEliminar