domingo, 31 de mayo de 2009

Tot el camp (29 de maio)

Antes de falar do Venres, gustaríame sinalar que existen persoas que sinten unha imperiosa necesidade de discutir. Aínda que opinen o mesmo.

Esto ocorreu o Xoves en Ameixeira con Belén e Tula. Ambos defendían, apoiados por Manolo, que na copa de Europa, os xogadores do Barça, como españois que son, deberían recoller o trofeo ante o rei, portando bandeiras de España. Nese momento, polo meu miolo empezaron a fluir imaxes de Benvido Mr. Marshall, pero esa é outra historia. O caso é que ambos decían o mesmo, pero repentinamente Belén, moi atenta ó que dicía Tula espetoulle "Mira Tula déjame en paz que tú y yo jamás nos vamos a poner de acuerdo!". Impresionante capacidade de comprensión e retención a de esta muller.

O venres seguimos co Barça xa que Tula dicía que era o mesmo queimar a casa do xefe si te despide, que queimar contedores de lixo na celebración da Copa de Europa. Mar e eu concluimos que en Barcelona se deron despidos masivos ó mesmo tempo que se celebraba a final da Champions. Ay Tula! Que non te enteras! Que xa o dixo Martín. Que "o fútbol é o fútbol e outra cousa é outra cousa".

E por certo, que apareceu Orosia e está pendente de ser excavada. Coidado! Podería ser un poster gay.

No hay comentarios:

Publicar un comentario