domingo, 31 de mayo de 2009

Segundo, desexando amar (28 de maio)

Día de celebracións na marca de Ameixeira.

O Barça e as 39 primaveras de Segundo ben o merecen.

Antes da festa díxenlle (mentín) ó Neno da Auga que unha persoa que o coñece me contara que se facía o borracho. O Neno da Auga estaba convencido de que un tal Casimiro de Lalín andaba a vulnerar a súa honra. Tal foi así, que incluso quedou con un colega seu para petarlle unhas hostias, o venres pola noite, ó famoso Casimiro. A conclusión da historia, moi probablemente, atoparémola o luns nas páxinas de sucesos de tódolos xornais.

Ás once e media, ademáis do jiñete de rigor, celebramos unha festa polo cumpleanos de Segundo. Houbo pasteles, champán, viño, bailes (memorable momento de Segundo bailando o Sex Machine de James Brown) e de regalo unha boneca hinchable agardaba ó noso homenaxeado na caseta. Sonaba Je T'aime moi non Plus de Serge Gainsbourg.

A canción é moi apropiada para esta excavación do amor. Podería, incluso, darse o caso de que Segundo non tivese que empregar a boneca? palmadiñas no cú e outros xestos da mesma índole, ou sexa simpáticos para os implicados e grotescos para os observadores, poderían darnos a resposta. Dalle Segundo!

Por outra banda, e posible que o destino, moi ben tecido, de dous enamorados, conflúa nunha praia coruñesa.

Ah! e que cousas da vida. Eu con o ordenador escarallado e resulta que temos un experto en informática no traballo. Gusé, que gusta de ocupar o seu tempo libre arranxando computadoras. Tal é a súa vocación que non lle importa facer horas extras ata altas horas da madrugada. A súa paixón é o hardware e o software. Pero Gusé, ten coidado que xa sabes que os ordenadores son moi falsos e incluso o mellor técnico pode converterse nun flan golpeado, que nin segundo prato é.

En fin, que como dixo o Neno da Auga, que sabe moito, aquí "fai moito calor pero estase guai".

1 comentario:

  1. éstes de informática están sempre obsesionados con xuntar o hardware e o software...

    ResponderEliminar