domingo, 24 de mayo de 2009

Con un mes de retraso

O caderno de bitácora de Ameixeira comeza demasiado tarde, no ecuador da excavación. Xa perdimos grandes momentos, como os problemas coa heroína de Martín -"¿e ti pinchaste?"-, motoristas suicidas -"agora mátame"-, e gardas civís que te multan por levar unha botella de viño no coche.
Foron momentos perdidos, pero a solución xa está aquí. Queda un mes por diante, uns 30 días nos que non se nos volverá a escapara nada. Así que, todos preparados. Calquera palabra que digamos poderá ser utilizada na nosa contra.
O pistoletazo de saída é hoxe, pero os rexistros comezan o xoves, 21 de maio. E prolongaranse ata que os señores do AVE nos expulsen.

Arrancamos

OOOOOOOOOOOOOOOHHHHH!!!!!!!

1 comentario:

  1. JC non te olvides de asegurar o coche, xa sei que é un exceso e que non vale para nada!!! pero eu o meu vectra téñoo a todo risco, por non falar do audi de meu pai...

    ResponderEliminar