Comezamos a coñecer ás novas incorporacións. Ou polo menos a aqu
eles que manteñen algún tipo de relación co Neno da Auga. Será contaxioso o seu mal?
Santiago dice que o Neno da Auga “ós cinco chupitos está remexéndose na lama”. Non coma el que é capaz de “botar cheo perdido de luns a luns”. Este home ten unha hucha enorme, ou polo menos a súa ranura, na que caben, incluso, medallas. Coidado ó entrar na caseta se vai xusto diante de ti. Poderías padecer unha horrorosa visión.
Andrea, o outro nexo do Neno da Auga, deunos un rutilante mitin político durante a comida. “En Italia gobierna Berlusconi, pero nadie dice que le vota. En España está el PP, pero tenéis un problema más grande que ese, el Rey, que es un borracho y va de putas. En Italia tenemos un problema mayor que Berlusconi, el Papa, que sólo es un borracho y todos los informativos abren con él”. Andrea, non se fala mal dun home piadoso.
Ademáis, nesta excavación somos moi católicos. De feito, este mesmo día asistimos á representación do lavatorio de manitas de Poncio Pilatos. Despois da función, trala tramoia podíase escoitar a Gusé, un dos actores, berrar “me ardeeee!”
Na imaxe, os Montesco e Capuleto de Distriz

duda: o tamaño de letra ten que ver coa importancia dos sucesos?
ResponderEliminaro bló que me deu problemas. Copiei os textos, que escribín no word, para o bló e quedou chungo. Para a próxima empregarei o bloc de notas, moi rudimentario pero máis eficaz.
ResponderEliminarAsí que nada que ver coa relevancia dos feitos.