domingo, 14 de junio de 2009

Segundo, culo veo culo quiero (11 de xuño)

Impresionante camiño, de mañá, polo monte ata as casetas. A orixe do nome de Willy provén deste traxecto. Nunha arroutada automovilística dixo pola Kangoo, "cómo se comporta Willy!". E iso non foi todo. Jose, que ía de pé no maletero, comezou a rir imitando a Jack Nicholson no Resplandor, xa que dí que se asemella moito. Nese momento o coche colleu unha zochanca e Jose máis atento á interpretación que á súa seguridade saiu disparado e reventou co seu cú o cristal traseiro do vehículo.

Xa nas casetas Jose imitou a Jack Nicholson máis polo miúdo, e todos tiñamos medo, porque recordaba demasiado, non ó protagonista do resplandor, senón ós secundarios de Alguén voou sobre o niño do cuco.
Logo dixo sentirse orgulloso de que lle chamasen Torrente.

Xa sabíamos que a xente da zona de Silleda ten un patolóxico sentimento de propiedade, pero o que descoñecíamos, ata este Xoves, é que existía risco de contaxio. Segundo foi o primeiro en
sufrir os síntomas e púxose como tolo cando lle collemos ferramentas que non ía utilizar en toda a mañá. Hai quen dí que non é un contaxio e que, simplemente, é tonto. Ou senón como se explica que un home tan experimentado coas mulleres como Segundo, lle diga ó Neno da Auga "ti vaste coa primeira que pillas". Ti, Segundo, primeiro tes que pillar. Boa sorte!

O Neno da Auga debeu pasar a noite anterior bebendo e metendo no punto de encontro, porque traia un careto horrible. Debería decretarse lapidación por ir a traballar con esa pinta. Nin a botella de auga que se vaciou na cachucha alivou o seu malestar.

E tras moito tempo no banquillo dos suplentes, saltou ó campo, pola tarde, Tula. Empezou a desbarrar contra os musulmáns. Primeiro preguntou por onde quedaba a Meca, para acabar dicindo, "es igual, de Andalucía p'abajo son todo moros!". Logo empezou a falar de que os musulmáns veñen a España a "imponernos su religión y sus costumbres". Ademáis "construyen iglesias y matan a la gente de 50 en 50, no como los cristianos que matan de uno en uno". Se viñesen a TRABALLAR coma ti, Tula, pero son uns VAGOS e uns delincuentes.

Nun momento do discurso xirouse e veu a Comba, a 15 metros, mirando para él e moi educadamente díxolle "y tú que miras! cállate!". Perdoanos Tula, xa sabemos que ti fas eses comentarios para que ninguén te escoite. É por iso que berras tanto.

Highlander deulle un toque de atención a Tula. Díxolle que non podía soltar esas peroratas e que tiña que darse conta de que si fala unha persoa e 20 fican caladas é porque está dicindo unha solemne estupidez. A resposta de Tula foi contundente: "el resto se callan para escuchar al líder!". Propoño como sistema político alternativo a dictadura tulista.

E como non fun á cea das dagas voadoras, non podo falar de intrusos nas perruquerías e demáis tonterías.

8 comentarios:

  1. Follow the leader, leader, leader...
    A cea das dagas voladoras foi o máis. Alí houbo puñaladas pa todo dioxxx. Ohhhhhhhhhh! oooooooooohhhhhh QUÉ?????? qué quieres decir con eso de ohhhhhhhhhhhh?????
    E por certo Lota revelouse como toda unha pitonisa, lo ve todo negro. jurjurjrur

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Que pena de comentario! Hai un que ten callos nas orellas e na man dereita

    ResponderEliminar
  4. Grazas Lleisí, a minha integridade física estaba en xogo, por primeira vez tiven medo á morte...
    Pois eso, non te queixes de que non che fago comentarios e a ver se desta é a refinitiva e non hai que cambiarlle o nome ó bló por enésima vez, é que somos uns bocas e non sei se tardaremos moito en meter a zoca de novo...

    ResponderEliminar
  5. De todas, todas, o día 26 regresa chamoulleporco!

    ResponderEliminar
  6. joder, y yo casi no encuentro el blós!!! ...

    ResponderEliminar
  7. OHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHH

    ResponderEliminar