sábado, 30 de mayo de 2009

Chóvelle moito (25 Maio)

O Luns foi un día de mal tempo. Malísimo. E senón que llo digan a Jose. Deron as once e media, e tocoulle renovarse por dentro. Nembargantes, parecía que ía ter sorte e que podería defecar (alto e claro!) sen mollar o cú. A ameaza de chuvia, sen embargo, non cesara e Jose sabíao ben. Co papel hixiénico na man dixo: "voy a aprovechar ahora que no llueve, no quería ir peeero..." No tempo que debeu tardar en introducirse no monte e poñerse en cuclillas as nubes negras comezaron a descargar. E se bíblico é o Jiñete do apocalipse non o era menos o diluvio que tivo que soportar Jose mentres defendía estoicamente o maillot da regularidade.

Pouco a pouco, imos descubrindo ó novo fichaxe da excavación (eu opino del que OHHHHHH!), Esteban, Argimiro ou O Neno da Auga, como vostedes gusten. Fuma tres paquetes de tabaco ó día, e bebe unha media de 16 "cubalibres" cando sae pola noite o que equivale a con trinta anos caixa de pino. Tan túzaro é este neno da auga que logrou desquizar a Gusé que lle espetou, coa súa característica flema británica, nos fuciños Ti falas como os do monte: ououououououou!!!. O neno da auga, claro está, non vacilou en defenderse. Eso sí, á súa maneira: me cagho en dios! ou! que carallo dis ti! Eu non falo como os do monte, carallo! ou! Argimiro plántalle cara a quen sexa, como mostra, un botón: Mañá vou beber a botella enteira de augardente diante do xefe. Eu non fago como outros que achican ás caladas.

Bravo por él!

2 comentarios: