domingo, 24 de mayo de 2009

Había concierto, había todo (21 de maio)

Aínda comezaba o día, pero as mostras do cansancio eran evidentes na faciana de Tula. Eran claros sinais de que a noite anterior fora dura, por eso, intereseime polas súas actividades do día anterior. El respondeu, pero antes de facelo, levoume cara un lado e agarroume forte polo brazo, ao tempo que recuperaba a enerxía.

-No se lo digas a nadie, pero estoy sin dormir!!!!! Era un día cojonudo en Santiago, había concierto, había todo.

Nembargantes, el seguía a traballar duro, coma sempre, cargando a terra na SÚA carretilla.

Unha hora despois, o tema de conversación virou cara alimañas salvaxes e fobias varias relacionadas con bichos. Con todo, as fobias non semellaban todo o reais que deberían. Algo non encaixaba cando Jose relataba o case ataque dunha culebra de ¡¡tres metros!!, unha especie moi común en Galiza, como todos sabemos. O caso é que Jose parece que nunca dá no punto xusto cando falamos de números, ou ben queda por arriba -metro arriba, metro abaixo- ou ben queda por baixo -"7 horas e 75 minutos", unha medida que calquera non iniciado resumiría en 8 horas e cuarto-.

Entres unhas e outras, chegou o momento do bocadillo. Unha hora que ben poderíamos cualificar, no caso de Jose, como o momento "all bran" ou como "o "jiñete do apocalipse". Obviamente, creo que as explicacións sobre a qué dedica este tempo non son necesarias.

Pasou o tempo e chegou a tarde, que aínda nos deparaba grandes momentos. Nada máis empezar, escoitamos a frase de Segundo. Para demostrar a súa hombría e poderío, ergueuse, como se erguería calquera señor feudal, e espetoulle a Tula:

- Tula, teño ganas de meterme contigo.

Ante tal alarde, non me quedou outra que estoupar a rir e preguntarlle a Segundo como se lle ocorría ofrecer tal aviso das súas intencións. Como sempre, a súa reacción foi empezar a rir e a culear, como unha avestruz, acompañado co seu movemento de brazos e cuello característico.

O día terminou ao final da tarde co seu clímax. Non sei como comezara a conversación, que captei a medias, pero fun capaz de oír unha frase solta: "Si no bautizas a tus hijos, a ver cómo haces, porque igual tienes un problema para enterrarlos", Belén dixit. ¡¡¡Adióoooos!!!

4 comentarios:

  1. dou fe d q habia concerto e de q habia de todo!!!!!!!!!!!!!!!!!!
    ata estaba tula, eso si q é decir q habia de todo
    eres un crak jc!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. non habia de todo, de todo non, poque n'ai guevos hostia.

    ResponderEliminar
  3. Queremos unha astualisasión do bló já!!!!! podes facer unha retrospectiva de comentarios anteriores!!! e boto de menos algún comentario do novo fichaje (Argimiro), que tamén da moito xogo!!! eses 35 cubatas e eses 15 minutos de Dornelas ao CHUS...fai memoria lleisi!!!!!

    ResponderEliminar