Impresionante camiño, de mañá, polo monte ata as casetas. A orixe do nome de Willy provén deste traxecto. Nunha arroutada automovilística dixo pola Kangoo,
"cómo se comporta Willy!". E iso non foi todo. Jose, que ía de pé no maletero, comezou a rir imitando a Jack Nicholson no Resplandor, xa que dí que se asemella moito. Nese momento o coche colleu unha zochanca e
Jose máis atento á interpretación que á súa seguridade saiu disparado e reventou co seu cú o cristal traseiro do vehículo.Xa nas casetas Jose imitou a Jack Nicholson máis polo miúdo, e todos tiñamos medo, porque recordaba demasiado, non ó protagonista do resplandor, senón ós secundarios de Alguén voou sobre o niño do cuco.
Logo dixo sentirse orgulloso de que lle chamasen Torrente.
Xa sabíamos que a xente da zona de Silleda ten un patolóxico sentimento de propiedade, pero o que descoñecíamos, ata este Xoves, é que existía risco de contaxio. Segundo foi o primeiro en
sufrir os síntomas e
púxose como tolo cando lle collemos ferramentas que non ía utilizar en toda a mañá. Hai quen dí que non é un contaxio e que, simplemente, é tonto. Ou senón como se explica que un home tan experimentado coas mulleres como Segundo, lle diga ó Neno da Auga "ti vaste coa primeira que pillas".
Ti, Segundo, primeiro tes que pillar. Boa sorte!O Neno da Auga debeu pasar a noite anterior bebendo e metendo no punto de encontro, porque traia un careto horrible. Debería decretarse lapidación por ir a traballar con esa pinta. Nin a botella de auga que se vaciou na cachucha alivou o seu malestar.
E tras moito tempo no banquillo dos suplentes, saltou ó campo, pola tarde, Tula. Empezou a desbarrar contra os musulmáns. Primeiro preguntou por onde quedaba a Meca, para acabar dicindo,
"es igual, de Andalucía p'abajo son todo moros!". Logo empezou a falar de que os musulmáns veñen a España a
"imponernos su religión y sus costumbres". Ademáis
"construyen iglesias y matan a la gente de 50 en 50, no como los cristianos que matan de uno en uno". Se viñesen a TRABALLAR coma ti, Tula, pero son uns VAGOS e uns delincuentes.
Nun momento do discurso xirouse e veu a Comba, a 15 metros, mirando para él e moi educadamente díxolle
"y tú que miras! cállate!". Perdoanos Tula, xa sabemos que ti fas eses comentarios para que ninguén te escoite. É por iso que berras tanto.
Highlander deulle un toque de atención a Tula. Díxolle que non podía soltar esas peroratas e que tiña que darse conta de que si fala unha persoa e 20 fican caladas é porque está dicindo unha solemne estupidez. A resposta de Tula foi contundente:
"el resto se callan para escuchar al líder!". Propoño como sistema político alternativo a dictadura tulista.
E como non fun á cea das dagas voadoras, non podo falar de intrusos nas perruquerías e demáis tonterías.